| Inicio | Os Xefes | O grupo | A requinta | O disco | Concertos | A taberna | Sinaturas | Novas | Ligazóns | |
Os Xefes
|
Uns días antes do Nadal ensaiaban na casa de Villaverde ou na de Pereiro para ir tocar pola parroquia,
tradición que mantiñan dende nenos. Eran as únicas datas nas que eles acompañaban as gaitas e requintas
co charrasco pero este, "non podía faltar". Este instrumento, que cada un artellaba á súa maneira, era un mastro de madeira que moi habitualmente contaba con dúas cruces arriba e unha abaixo, con ferreñas normalmente feitas de chapas de "gaseosas" esmagadas. Na cruz de abaixo podía levar unha lata pequena, por exemplo de pementón, tamén con ferreñas no interior e que facía as veces de caixa de resonancia. Nos charrascos que en Sarandón se facían, ían sempre dispostos ó longo do mastro un ou dous arames tensados cunha ponte, que o seren riscados co serrón, facían sonar as ferreñas. Alternando este son con golpes no chan, podían acompañar calquera tipo de ritmos. Sempre ían de "cantarelas" ou "panxoliñas" os días de Noiteboa, Ano Vello e Reis visitando cantas máis casas mellor pero, principalmente, as dos amigos e da mocidade. Saían de noite e non volvían ata o outro día pola mañá. Normalmente ó chegar empezaban cunha cantiga de Nadal, San Manuel ou Reis pero, cando chegaban á casa de Primo entoaban: Levántate Primo, Ó chegar á casa dunha moza comezaban con esta copla: Levántate moreniña, Emilio, irmán de Marcelino o barbeiro e que tamén ten participado en moitas ocasións das cantarelas do Nadal lembra que nunha ocasión non lle quixeron abri-la porta e nunha casa e lle cantaron: Esta casa é tan alta, Cando a xente se erguía e abría a porta, entraban tocando "O Luís". Na cociña formábase un pequeno baile, onde eran convidados a comer e beber. Ás veces, estando dentro dunha casa, chegaban os mozos doutra parroquia e eles cantábanlle dende dentro: Era unha gran festa non había viño que chegara Xa antes de marchar, cantábanlle "A Recaudadiva": Aquí nos dieron y dieron, Quédense con Dios señores Para saír da casa, comezaban con outro pasodobre e desfilaban facendo o "ese", que consistía en ir en ringleira describindo un ‘S’, cruzándose uns con outros mentres tocaban. Moitas veces, a xente dunha casa acompañábaos a cantar a outra porta e así continua-la troula todos xuntos. Tempo despois, ante a falta de gaiteiros para as panxoliñas e para evitar traer un "alugado" decidiu mercarlle
unha gaita tumbal a José Pazos polo custo de duascentas pesetas, e aprendendo a tocala el só. |
| Sobor da web... | © A gaita de Sarandón, 2006 | Visitas: 13566 |