 Polos anos 70 e ante a decadencia da requinta, montaron un "grupo de guitarras" con laúdes,
mandolinas e bandurrias para ir de cantarelas no Nadal e animar outras funcións. Pepe expresouno
dicindo "despois veu o gholpe da cuerda", xa que esa fora a moda durante eses anos. Os músicos eran practicamente os mesmos que antes ían de cantarelas cos instrumentos tradicionais,
e unha vez que se fixeron con instrumentos, Luís de Castelao, José de Pereiro e Bascoi tocaban o laude,
Benigno tocaba a bandurria e Pepe a mandolina. José da Cordeira era o encargado de ensaialos na súa casa ou na de Zas pero, "cando veu a luz
eléctrica e chegou a radio estas cousas foron perdéndose". |