| Inicio | Os Xefes | O grupo | A requinta | O disco | Concertos | A taberna | Sinaturas | Novas | Ligazóns | |
Os Xefes
|
![]() Alá polos anos 90, sendo profesor de gaita en San Miguel de Sarandón, Enrique Montero Torreiro, entra en contacto con Marcelino e Pepe, e comeza a se interesar pola requinta, un instrumento por aquel entón practicamente esquecido e a piques de chegar á súa total desaparición, pois estes requinteiros facía xa anos que deixaran de tocar. A súa curiosidade levouno a investigar polas terras da Ulla, atopando a máis requinteiros e grupos xa desaparecidos. Máis tarde, coa información recompilada, publica o libro "A Requinta na Ulla", que supuxo un novo alento para a recuperación deste instrumento. Deste traballo de campo xorde o grupo A requinta da Ulla onde interpretarán boa parte das melodías recollidas por toda a zona. Rapidamente acadan unha grande sona e comezan a chegar actuacións, nas que Marcelino e Pepe viven o renacer da requinta. Anos máis tarde, Marcelino abandónaos e o grupo detén a súa actividade. Uns anos despois, un mozo da parroquia, Francisco Vázquez Picanes, "Paco de Picáns", pídelle a Pepe que sexa o seu mestre de requinta. Pepe acepta, e durante uns dous anos Paco e Pepe ensaian xuntos dúas ou tres noites por semana na casa deste último, ata que o grupo se recompón con Pepe e Paco agora ás requintas. Xa a comezos do presente século, e por diversas causas, abandonan os ensaios, chegando así a fin do grupo, pero deixando un gran traballo feito en favor da recuperación da requinta. |
| Sobor da web... | © A gaita de Sarandón, 2006 | Visitas: 13564 |