Os Xefes

Os comezos
A gaita de Vedra
O Nadal
O gholpe da cuerda
O Antroido
A gaita de San Miguel
A requinta da Ulla
A gaita de San Miguel, o grupo de Pedro Brey (centro), o pai de Marcelino

Este grupo de estaba liderado por Pedro Brey, requinteiro de gran sona e recoñecido virtuosismo, testigo que recolleu seu fillo Marcelino.

A formación era de dúas requintas , unha gaita e caixa e bombo de tarraxes. Pola inscrición atopada dentro deste bombo ("P Brey 1929") e as testemuñas recollidas deducimos que o grupo estivo activo dende finais dos anos 20 ata o 1947, data na que o líder do grupo emigra a Bos Aires. Este bombo, que aínda hoxe conserva Marcelino, foi o empregado para a gravación deste disco.

Por este grupo pasou xente como José Pazos, Eulogio de Sobredo ou Xan de Caldelas, algún dos cales formou parte tamén de A gaita de Vedra.

O bombo que fora propiedade do pai de Marcelino, Pedro Brey, e que hoxe empregamos en A gaita de Sarandón

Unha vez, lembra Marcelino, estaban tocando en San Miguel de Sarandón formouse unha liorta na festa, e Pedro Brey, home de carácter, rompeu a requinta ó lle zoupar con ela a un dos adversarios.

Xa na emigración, Pedro tocou con Avelino Rodríguez, e segundo declaracións feitas por este gaiteiro a unha revista bonaerense, "tocaba la requinta... y la manejaba como le daba la gana".

Calucho, irmán de Marcelino, conserva aínda hoxe se conservan as dúas requintas coas que Pedro Brey deu mostra da súa gran calidade como requinteiro, tanto en terras da Ulla como en Bos Aires.

Sobor da web... © A gaita de Sarandón, 2006 Visitas: 13565