A taberna
|
 Nas tabernas das aldeas galegas podíase mercar de todo, desde un quilo de azucre e
unha botella de anís, ate un carrete de fío e un anaco de tela; un mandil, ou unhas
botas de goma, ou unhas zapatillas de casa para poñer dentro das zocas; un quilo de pan,
unha cervexa, un estropaxo de palla, ou un vaso de viño (un chanqueiro).
Nesta nosa taberna virtual, polo de agora humilde, pode vostede adquirir por
só 10€ máis gastos de envío o noso primeiro
traballo discográfico Requinteiros da Ulla, que consta de 17 pezas do repertorio
de Pepe e Marcelino interpretadas procurando a maior fidelidade cos recordos que eles
tiñan deses temas.
Se desexa adquirilo, non ten máis que cubri-lo formulario e enviárno-los seus datos.
Logo, porémonos en contacto con vostede para confirma-lo pedido, que lle
será finalmente remitido contra reembolso. |