Novas

Páxina 1 de 3 < anterior | seguinte >
Marchounos o Ghaiteiro Albelanova remitida por... Antonio Carrillo Fernández
Canto botamos de menos a "Gerard", que xa fai unhas semaniñas que marchou...que tal estará polas terras británicas, botará algo en falta?
Feliz 2008nova remitida por... Gerardo Albela González
Os membros de A gaita de Sarandón querémosvos desexar a todos un feliz e requinteiro Aninovo 2008. Para nós, este 2008 promete ser un ano de, polo menos, moitas novedades. Que todo sexa para ben. Apertas e boa sorte.
Viño en galegonova remitida por... Gerardo Albela González
Hoxe chegounos á conta do grupo unha moi boa nova: a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vai a facer un esforzo para concienciar aos consumidores de viño galegos (para conciencianos aos galegos, pois) de que merquemos aquelas marcas que etiqueten os seus produtos... en galego! Bravo por eles.
Novo éxito de AGS no Alalánova remitida por... Gerardo Albela González
Pois si. Onte emitiron unha vez máis a nosa aparición no Alalá e, unha vez máis, nos chamaron amigos e coñecidos para nos dicir "estades saíndo na tele", e unha vez máis se incrementaron considerablemente as visitas á páxina e os pedidos de CDs. Pido desculpas neste tema, porque a algunhas persoas foilles imposible realizar os pedidos a través da web. Non sei exactamente que é o que pasou, pero polas probas que eu fixen a sección de pedidos funciona perfectamente, así que penso que debe de estar a ter problemas o noso provedor de hosting, que xa onte de cando en vez non permitía o acceso á páxina. Estudarei a posibilidade dun cambio de hosting. En todo caso, se alguén se atopa con este problema, que non dubide en escribirnos a o noso correo electrónico, gaitasarandon arroba yahoo punto es, ou que me dea directamente unha chamada, 636 274 888, e xa lle tomo nota do pedido. Apertas, e grazas mil polas vosas visitas, pedidos e felicitacións.
AGS no Alalá... unha vez máisnova remitida por... Gerardo Albela González
A semana pasada, estivemos no Teatro Colón gravando unha gala especial de Alalá que se emitirá este próximo verán. Hoxe, martes 19 de xuño, AGS aparece na páxina 75 do Faro de Vigo co gallo da reemisión do capítulo que Alalá nos dedicou. É que, como eu digo, xa entramos na categoría de reposicións: estamos á altura de Falcon Crest, El coche fantástico, El Equipo A, ou La casa de la pradera. ;·)
Sobor da web... © A gaita de Sarandón, 2006 Visitas: 13565