Ligazóns
|
| Asociación Raiceiros | Correo-e | | A Asociación Raiceiros é unha asociación dedicada á recuperación
e difusión do patrimonio cultural galego, fundamentalmente ullán, e o seu Proxecto
de Recuperación da Requinta foi un dos impulsos que permitiu a existencia de A gaita
de Sarandón. |
| ValdoUlla | Correo-e | A comarca da Ulla é onde nace e vive A gaita de Sarandón, é o ámbito cultural do
que o grupo bebe, a paisaxe que envolve ós seus compoñentes cando van e veñen dos
ensaios.
E ningún sitio web mellor para se informar sobre esta comarca que o que mantén
e coordina o noso bo amigo Henrique Neira, páxina web non oficial dos concellos de
Vedra, Boqueixón, A Estrada e Teo. |
| Concello de Vedra | Páxina web oficial do Concello de Vedra, aquel ó que pertence a parroquia de
San Miguel de Sarandón, onde naceron e viviron Marcelino e Pepe e ó que pertencen
tamen Campelo, Gerardo e Paco. |
| Os Furafoles | Os membros de Os Furafoles son vellos amigos. Carina, Sergio, Paula e Analía
son uns valentes: manteñen a música galega e a asturiana vivas alén dos mares.
Máis alá do océano que os romanos crían infranqueable, dese que delimitaba o
Fisterra, fan música alegre e festeira, cun arrecendo a romaría, a festa, que
invita a botar un baile.
Bravo por eles. |
| Quempallou | Un grupo de folk, no que moitos dos seus compoñentes beben das fontes da
tradición e que esta a piques de grava-lo seu terceiro disco, cousa nada
estraña dado que leva xa anos colleitando éxito tras éxito de xeito progresivo.
Os nosos amigos de Quempallou son uns folquis de mierda, pero son moi
boa xente ;·). |
| Ghastas Pista | Ghastas Pista é á música folque galega o que Google a Internet: se non apareces
aí, non existes. A nosa amiga Raquel Gamallo, que mantén e escribe os contidos da
páxina, fai un importantísimo (pero non remunerado) traballo pola música do noso
país. |
| Sociedade Parroquial de Vedra na Arxentina | Cando A gaita de Sarandón, A requinta da Laxeira e a Asociación Raiceiros
estivemos en Bos Aires, a Sociedade Parroquial de Vedra foi a nosa casa, e os
seus socios uns inmellorables anfitrions, que conseguiron que, coma eles,
dixésemos que iamos "a Vedra" cando nos dirixiamos á sé da Sociedade,
na rua José Marmol nº 760. | |