O grupo

Historia
Descrición 1
Descrición 2
Membros
Outros
Contacto
Información técnica e promoción

Os ex-membros do grupo, os novenos membros, os amigos, os colaboradores... todos aqueles que nos axudan a face-la historia do grupo. Seguro que nos queda alguén no tinteiro. Pedimos desculpas e agardamos que non sexan demasiados.

Iván García

Iván García García foi o primeiro bombeiro de A gaita de Sarandón, cando a formación aínda non recibía ese nome.

Animador de profesión, o seu bo humor é dos contaxiosos e transmítese incluso desde os escenarios.

Emilio Lois Blanco foi gaiteiro de A gaita de Sarandón desde a súa fundación ata outubro do ano 2006. Nado no coruñés concello de Santa Comba, comeza a tocar na gaita xa de rapaz e, ensaio tras ensaio, grupo tras grupo, foliada tras foliada, chega a ser o gaiteirazo que hoxe é.

Toca e/ou da clases en grupos como Ultreia, Os Campantes de A Baña, A requinta da Laxeira, a Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras, a Asoc. de Mulleres Rurais de Urdilde...

Se un día o atopan nunha foliada, teñan coidado, é probable que teña o récord Guinness de horas tocando sen parar. Gaiteiros con pouco aguante, abstéñanse de competir con él. ;·)

Emilio Lois, na súa salsa

Beatriz Iglesias Ramos, pandeireteira, é membro de Pallamallada, e como esposa de Emilio e irmá de Raquel, estaba destinada a formar parte de A gaita de Sarandón, aínda que só fose por unha tempada.

Beatriz foi bombeira do grupo durante algo máis dun ano, e abandoouno cando quedou embarazada da súa ata o de agora única filla, Estrela, que, coma seus pais, ten xa espírito gaiteiro.

Beatriz Iglesias coa súa filla Estrela

Henrique Neira

Henrique Neira Pereira, de profesión xornalista, é o noveno membro de A gaita de Sarandón. Acompaña sempre que pode ó grupo, exercendo de reporteiro gráfico oficial. Moitas das instantáneas que adobían esta paxina web son tomadas por Henrique.

Investigador e escritor incansable, ten publicados xa 3 libros como autor e outros 8 como coautor, uns sobre historia e outros sobre informática e novas tecnoloxías. É ademais o responsable da web valdoulla.com.

Os membros de A requinta da Laxeira, da Asociación Cultural San Campio, e os de A gaita de Sarandón temos unha relación continua e íntima. Os da Laxeira, veciños e amigos, síntense tamén fillos musicais de Marcelino e Pepe, e temos compartido viaxes e actuacións en múltiples ocasións.

Desde hai uns tres anos, ademais, os membros de ambos grupos nos xuntamos a noite de noiteboa para percorrer xuntos de cantarelas a aldea de Sarandón, nun intento de recuperar esa vella e sana costume hai xa anos perdida.

Que se repita.

A requinta da Laxeira, en Trocadero, París

Alberto Aldrey

Alberto Aldrey, para nós Albertiño de Marrozos é, pese que ás veces queira disimulalo, un namorado da música e do seu tamboril.

Sendo neno fixéronlle con potas de cociña e ferros unha batería que lle puxeron na eira baixo a viña, na que pasaba horas e horas, e que seguramente foi unha das mellores academias que puido ter.

Tennos botado unha man co tamboril e/ou o bombo en moitísimas ocasións e agora, como el mesmo di, cada vez que ve no móbil que o que está a chamar é Gerardo Albela, el mesmo di antes de coller "Carallo!, hai que ir tocar!".

O que segue, é tamen sabido: a resposta é "Si".

Sobor da web... © A gaita de Sarandón, 2006 Visitas: 13566